Convenio Nó Rural – Campus Terra USC

Practicas en empresa, institución ou organismos

Dentro das liñas de traballo se contempla a financiación a través do convenio co Campus Terra da USC de prácticas dos estudantes de diferentes graos e másteres. Esta actividade pode ser desenvolta en empresas, asociacións, institucións ou organismos do ámbito rural.

Paralelamente a esta vía contemplase a posibilidade de que os/as estudantes podan realizar os seus Traballos Fin de Grao ou Fin de Máster (estudos ou proxectos técnicos, estudos de viabilidade ou traballos de investigación) en colaboración cos axentes sociais antes mencionados.

As titulacións que poden beneficiarse destas dúas posibilidades son:

· Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
· Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
· Grao en Paisaxe
· Grao en Enxeñaría Civil
· Grao en Robótica (unicamente os estudantes da especialidade en AgroRobótica)
· Grao en Veterinaria
· Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
· Grao en Nutrición Humana e Dietética
· Grao en Administración e Dirección de Empresas
· Grao en Empresa e Tecnoloxía
· Grao en Xestión Cultural

· Máster Universitario en Dirección de Proxectos
· Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica
· Máster Universitario en Enxeñaría de Montes
· Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados
· Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial
· Máster Universitario en Dirección de Empresas
· Máster Universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos
· Máster Universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias
· Máster Universitario en Servizos Culturais
· Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza

Prácticas universitarios: FEUGA

1.-TITULADOS UNIVERSITARIOS

PBF

Estancias de prácticas en empresas de diversos sectores, para complementa-la súa formación universitaria.

DESTINATARIOS:
Titulados universitarios de grado medio ou superior.
Menores de 31 años.
Título obtido nunha das 3 universidades galegas.
Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
Sen experiencia.

Os solicitantes deberán inscribirse no Servicio Público de Emprego de Galicia.

CONDICIÓNS:
Beca mínima a xornada completa: 612 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderán ostenta-la condición de responsable das mesmas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu tutor.

Real Decreto 1493/2011

2.-ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

PBE

Programa de bolsas para alumnos que superaron a metade dos créditos dos que constan os seus estudios

Experiencia e eficacia na captación de compañías colaboradoras, así como na búsqueda dos mellores bolseiros

O Programa de Bolsas para Estudiantes diríxese a aqueles alumnos que preferentemente superaon a metade dos créditos de que constan os seus estudios. O obxetivo é conseguir profesionais cunha visión real dos problemas que afrontan as empresas e preparar a súa incorporación futura a éstas.

A participación dos alumnos nas compañías terá unha duración mínima de dos meses e máxima de doce, nos que permañecen baixo a supervisión dun tutor.

DESTINATARIOS:
Matriculados no Sistema Universitario Gallego, co 50% dos créditos superados.
Menores de 31 anos

CONDICIÓNS:
Bolsa mínima a xornada completa: 557 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mismas, estando en todo momento supervisado e controlado polo seu tutor.

Real Decreto 1493/2011.

Prácticas Ciclos Profesionais; FP DUAL e FTC

3.-TITULADOS FORMACIÓN PROFESIONAL

PBFP

Formación práctica de titulados en Formación Profesional co fin de acerca-los ó entorno laboral.

DESTINATARIOS:
Titulados de centros de Formación Profesional gallegos de grado medio ou superior.
Menores de 31 anos.
Título obtido nun centro de FP galego.
Finalización dos estudos nos 3 anos anteriores.
Sen experiencia.

O solicitantes deberán inscribirse no Servicio Público de Emprego de Galicia.

CONDICIÓNS:
Bolsa mínima a xornada completa: 512 €.
As actividades do bolseiro serán formativas, en ningún suposto poderá ostentar a condición de responsable das mesmas, estando en todo intre supervisado e controlado polo seu tutor.

Real Decreto 1493/2011.

4.-FP DUAL

Impulsa-la implantación da Formación Profesional Dual en Galicia

http://www.edu.xunta.gal/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia