nó rural

Os proxectos de Cooperación entre GDR perseguen crear espazos de traballo conxunto con outros territorios, buscando resolver problemáticas comúns e fomentando a transferencia de coñecemento e a innovación.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son Asociacións, entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados. Entidades dinamizadoras do medio rural e claves no referente ás políticas de fixación da poboación e incluso na loita contra a desocupación do agro e o seu abandono.

Os seis GDR que constituen este proxecto e que polo tanto definen o ámbito de actuación do mesmo son:

 GDR 24 – Seitura 22
GDR 23 – Mariñas-Betanzos
 GDR 02 – Terra Chá
GDR 10 – A Limia-Arnoia
GDR 14 – Baixo Miño