Período 2025-2026

O Obxectivo Xeral do proxecto é elaborar e aplicar unha Estratexia de Relevo Xeracional agrario adaptada á realidade de cada territorio, buscando alianzas e compromisos entre axentes e institucións de dentro e fora do territorio, así como iniciar a súa aplicación utilizando as ferramentas dispoñibles na actualidade.

  • 1

    Definición dun modelo Gobernanza: Estruturar un sistema interinstitucional de apoio e mentoría para a renovación xeracional e o emprendemento agrícola.

  • 2

    Creación dun ecosistema de apoio á incorporación: Facilitar o acceso, tanto das persoas agricultoras como das persoas recén chegadas, a explotacións viables.

  • 3

    Fortalecer e dinamizar a innovación no sector: Apoiar as empresas agrícolas con modelos de produción e comercialización innovadores, e fomentar a conexión do tecido agrario con universidades e centros de investigación, así como a captación de talento novo no sector.

  • 4

    Fomentar o apego territorial: Actuacións de animación ás persoas novas do medio rural.

  • 5

    Animar á volta do urbano ao rural: Desenvolver actuacións de dinamización nos centros de formación para animar ao alumnado a valorar o traballo no sector agrario como unha opción para o desenvolvemento da súa carreira profesional.

Período 2020-2023

O proxecto é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.

A través desta rede para animar a incorporación de persoas no sector primario, fomentase a emprendeduría e mellora da empregabilidade, conectándose as empresas das áreas rurais e o talento da xuventude, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno do talento da xuventude.

01

O obxectivo principal do proxecto é incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais. Dinamizando así a economía rural, fomentando a dinamización e diversificación do rural en actividades económicas.

02

Relacionar aos diferentes axentes que xa están a traballar con emprego, xuventude e sector agrogandeiro, constituíndo unha rede de colaboración a prol da inserción laboral.

03

Facilitar un novo servizo de prácticas e estadías en empresas nos territorios que mellore as competencias profesionais da xuventude e lles facilite o acceso ao mundo laboral a través do contacto coas empresas.

04

Identificar un “Banco de Oportunidades” para cada un dos territorios ou GDR á disposición dos usuarios do servizo. Explotacións sen relevo, instalacións ociosas, terras, etc.