O proxecto Nó Rural é unha iniciativa para poñer en marcha unha Estratexia de Relevo Xeracional Agrario buscando alianzas entre axentes e institucións dentro e fora dos territorios

nó rural

A través desta rede para animar a incorporación de persoas no sector primario mediante o relevo xeracional, fomentase a emprendeduría e mellora da empregabilidade, conectando as explotacións e o talento da mocidade, buscando compromisos entre axentes e institucións para iniciar á aplicación da estratexia utilizando as ferramentas dispoñibles.

Obxectivos:

O Obxectivo Principal do proxecto é elaborar e aplicar unha Estratexia de relevo xeracional agrario adaptada á realidade de cada territorio.

Fomentar a creación de alianzas e compromisos entre axentes e institucións de dentro e fora do territorio, así como iniciar a súa aplicación utilizando as ferramentas dispoñibles na actualidade.

  • 1
    Definir un modelo de Gobernanza.
  • 2
    Crear un ecosistema de apoio á incorporación ao sector agrario.
  • 3

    Fortalecer e dinamizar a innovación no sector agrario mediante a conexión do tecido agrario con universidades e centros de investigación, así como a captación de talento novo no sector.

  • 4

    Fomentar o apego territorial mediante actuacións de animación ás persoas novas do medio rural.

  • 5

    Animar á volta do urbano ao rural levando a cabo actuacións de dinamización nos centros de formación para animar ao alumnado a contemplar o traballo no sector agrario como saída profesional.

Novas:

Go to Top