
nó rural · enquisas
Dende Nó Rural estamos tratando de coñecer mellor o futuro das explotacións agrarias nos nosos territorios. Pensamos que o futuro do territorio depende diso.
Queremos comprender que pode pasar coas explotacións, coa actividade agraria e coas terras cando as persoas titulares reduzan ou deixen a súa actividade, e intentar apoiar a súa continuidade cando esta sexa posible e así o desexen as persoas implicadas.
Para iso elaboramos esta breve enquisa. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Leader Nó Rural, impulsada por seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia.
Agradeceriamos moito a túa colaboración cubrindo a enquisa e compartíndoa con persoas ás que poida interesar.
Quereremos sinalar que:
* A participación na enquisa non implica ningún compromiso posterior.
* As respostas serán tratadas de forma confidencial.
* O obxectivo desta primeira fase é coñecer mellor as situacións existentes e detectar necesidades, posibilidades e experiencias de continuidade.
* Esta información permitirá orientar futuras accións de caracterización, acompañamento e aprendizaxe colectiva.
A enquisa pode cubrirse en poucos minutos a través da seguinte ligazón:










