Situación de partida:

Abandono de terras agrarias, con risco de incendios, perda de biodiversidade agraria e degradación da paisaxe.

Asumir o reto da despoboación nas zonas rurais: redución da poboación activa no medio rural, envellecemento e tendencia ao despoboamento.

Dificultades para a incorporación de mozos/as, como o acceso a: terras, a capital ou a formación. Tamén pola baixa rendibilidade, requisitos administrativos ou a imaxe do sector que lastra a incorporación.

Necesidade de ter un sector agroforestal viable que ofreza seguridade alimentaria, unha xestión sostible dos recursos naturais, o coidado do medio ambiente e a garantía de prosperidade para as comunidades rurais.