En relación á enquisa a empresas agroalimentarias dicir que neste momento contestaron o formulario 72 empresas, sendo chamativo o elevado número delas interesadas en participar no proxecto, fundamentalmente a través da acollida de estudantes en prácticas si ben tamén son bastantes as que se interesan en propoñer temáticas de investigación, posibilidade que abrirá a sinatura do convenio coa USC.