Ferrol, 20 de outubro de 2025
Os días 15 e 16 de outubro os GDR integrantes do Proxecto de Cooperación Nó Rural realizamos unha visita de estudo para coñecer experiencias similares de como se afronta o relevo noutras rexións, máis concretamete o Proxecto de Coop. Leader “Relleu agrari” de Adrinoc (La Garrotxa).
Tratouse dun encontró co obxectvo de compartir experiencias e proxectos vinculados co desenvolvemento rural.
Durante a primeira xornada visitamos La Fageda, proxecto singular que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida e promover a integración social de persoas en risco de exclusión social da Garrotxa. Despois coñecemos, da man da Associació Leader Ripollés Ges Bisaura, o funcionamento dos Espazos test agrarios que xestionan —unha iniciativa moi inspiradora para o relevo xeracional e o emprendemento no mundo rural.
Ao día seguinte reunímonos coa Escola de pastores e pastoras de Cataluya que compartiron con nós o seu proxecto. E con toda esta información, realizamos unha dinámica de traballo xunto cos compañeiros e anfitrións de Adrinoc coa finalidade de identificar retos comúns e posibles liñas de cooperación futura entre os nosos territorios.
Pola tarde visitamos a sede da Associació d´Iniciatives Rurals i Marítimes de Catalunya (Arca) en Torelló, onde coñecemos de preto as experiencias do matadoiro-móbil e dos obradoiros compartidos, proxectos que promoven a transformación e o valor engadido nos produtos agroalimentarios de proximidade.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que reforza os lazos entre territorios rurais e abriu novas oportunidades de traballar conxuntamente.
