Ferrol, 15 de xaneiro de 2026
O pasado mércores 14 de xaneiro tivo lugar unha reunión na que participamos os GDR´s integrantes do proxecto Nó Rural: Pactos territoriais polo Relevo Agrario, xunto co persoal técnico da Subdirección Xeral de Planificación da Extensión Agraria o Laboratorio de Estudos do Territorio da Universidade de Santiago e a Fundación Juana de Vega.
O obxectivo de esta reunión foi presentar os resultado acadados no proxecto ao longo do ano 2025, destacando á creación dun grupo motor en cada un dos territorios participantes, así como a visita realizada a Cataluña na que puidemos coñecer de primeira man o traballo que están levando a cabo no ámbito do relevo agrario.
Por outra parte, dende a Subdirección de Planificación da Extensión Agraria presentaron as bases reguladoras das axudas para a sucesión de explotacións agrarias. Estas axudas publicáronse no 2025 por primeira vez e teñen como obxectivo principal promover o relevo xeracional no campo e a posta en marcha do Banco de Explotacións.
O LaboraTe-USC compartiu os proxectos que están a desenvolver en tema de relevo a agrario ao igual que a Fudación Juana de Vega.
A finalidade da reunión foi o intercambio de información sobre as actividades en marcha e avaliar posibilidades de colaboración, xerando así sinerxias entre as entidades que estamos a traballar no impulso do relevo agrario en Galicia.
