Ferrol, 26 de marzo de 2026.
Hoxe tivemos en Ortigueira unha xornada sobre o Relevo Xeracional ao abeiro do proxecto de cooperación Nó rural.
Tivemos a sorte de contar coa presenza de numerosas explotacións da comarca de Ortegal que se interesaron polo funcionamento do proxecto e sobre os seguintes pasos que se darán ao longo deste ano. Así mesmo contamos co persoal técnico da Área Territorial das Oficinas Rurais que explicaron en profundidade as axudas da Conselleria do medio rural en relación co relevo xeracional das explotacións agropecuarias.
Esta xornada estivo organizada en colaboración entre o GDR Seitura 22, a Área Territorial das Oficinas Rurais, Oficina Rural de Ortigueira e co Aula Cemit do Concello de Ortigueira.
