Ferrol, 29 de xullo de 2025
O proxecto de cooperación Nó Rural inicia unha nova etapa co obxectivo de elaborar e aplicar unha Estratexia de relevo xeracional agrario adaptada á realidade de cada territorio, buscando alianzas e compromisos entre axentes e institucións de dentro e fora do territorio, así como iniciar a súa aplicación utilizando as ferramentas dispoñibles na actualidade.
Para elo, crearemos un Grupo de traballo en cada comarca, onde estará presente o sector, axentes estratéxicos, entidades e administración pública, no que se analizarán boas prácticas levadas a cabo noutros territorios.
De este modo, trátase de dar continuidade ao anterior programa fomentando que o sector agrario se valore como unha saída profesional con futuro e se axude a fixar poboación nas zonas rurais.
Nesta ocasión o proxecto é impulsado por 6 GDR: Asociación Seitura 22, Asociación de desenvolvemento rural Mariñas – Betanzos, Asociación para o desenvolvemento da Terra Chá, Asociación de desenvolvemento A Limia – Arnoia, Asociación de desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural e Asociación de desenvolvemento rural Montes e Vales Orientais.
