Estas semanas tivo lugar de xeito simultáneo e en distintos territorios a I Mesa de Emprego do proxecto “nó rural” , que ten como fin tratar de tecer redes de colaboración a prol da inserción laboral.

O proxecto nó rural, é un proxecto de cooperación entre os Grupos de Desenvolvemento Rural (Seitura 22, Mariñas Betanzos, Terra Chá, A Limia-Arnoia, Galicia Suroeste Eurural e Comarca de Lugo). Ten como obxectivo incentivar o retorno e a inserción laboral da xuventude no territorio ao que dan cobertura, fomentando a emprenduría e mellorando a empregabilidade, así como a conexión entre as empresas do rural e o talento da mocidade.

A esta primeira mesa esa asistiron axentes do territorio que traballan en materia de xuventude e emprego.  O seu desenvolvemento tivo lugar tanto presencialmente como por videoconferencia. Na mesma puidose por un lado, presentar a páxina web e portal de emprego, https://traballo.norural.gal/ , así como detectar e establecer en común, novas liñas de intervención cara a mellora do emprego no territorio no marco deste proxecto.

 

Convenio prácticas nó rural – Campus Terra USC

Anunciouse tamén nestes últimos días, a resolución do convenio de prácticas Nó Rural – Campus Terra USC. A través do cal alumnado de diferentes graos e másteres, realizará as súas prácticas de xeito remunerado nas empresas de Lutega – cooperativa para a recuperación do cultivo do lúpulo na comarca de Betanzos- ,  Innogando – empresa creadora de tecnoloxía para a mellora da calidade de vida e rentabilidade das granxas en Abadín-  e Agroamb en Terra Chá– a cal busca valorizar os residuos como materia prima no sistema económico-.

Ambas iniciativas aspiran a impulsar o número de persoas mozas que se incorporen ao ámbito laboral no medio rural, dinamizando así a economía rural, e fomentando a dinamización e diversificación do rural en actividades económicas.