Ferrol, 23 de setembro de 2025

Esta semana estanse convocando encontros en cada unha das comarcas do proxecto para explorar a posibilidade de constituír un grupo de traballo entorno ao relevo xeracional nas explotacións agrarias do territorio.
Inspirase na experiencia aplicada na cooperación Leader de Cataluña a través de la creación de grupos de traballo comarcais ou Grupos Motores.
Para iso nas diferentes comarcas participantes convocouse aos diferentes axentes implicados no sector máis alá dos propios Grupos de desenvolvemento local, como as oficinas agrarias comarcais, entidades de aconsellamento, sindicatos agrarios ou representantes do sector; cooperativas, sat´s, etc.
Durante os encontros, pártese do diagnóstico do sector agrogandeiro para avanzar nas posibilidades de mellorar a baixa incorporación de xóvenes a partir do compromiso dos axentes participantes.

O calendario dos encontros é o seguinte;
GDR 24- Seitura 22. 22 de setembro (12:00h).
Lugar: Casa da Xuventude, Concello de San Sadurniño

GDR 23. As Mariñas-Betanzos. 23 de setembro (12:00h).
Lugar: Sede Reserva Biosfera Terras Coruñesas Terras Mandeo (Abegondo)

GDR 003. Montes e Vales Orientais. 24 de setembro (12:00 h).
Lugar: Centro Sociocultural Baleira

ADR Galicia Suroeste EU Rural. 25 de setembro (12:00h).
Lugar: Sala Multiusos Camilo Jose Cela ou área panorámica, Tui

GDR 010. Limia Arnoia. 26 de setembro (12:00h).
Lugar: Casa da Lagoa de Sandiás (ao lado da casa da cultura, cruzar a rúa)

GDR 002. Terra Chá. 29 de setembro (mañá).
Lugar: Edificio Xunta-Vilalba