Queres emprender e adquirir as habilidades transversais? 

Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 9 de decembro.

O programa Explorer axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social.

  • Lugar: UDC A Coruña Space e UDC Ferrol Space  
  • Duración: 12 semanas (do 24 de xaneiro ao 24 de abril de 2022)
  • Prezo: gratis
  • Participación: só/a ou en equipo (máximo 5 persoas)
  • Metodoloxía: learning by doing (sesións presenciais ou virtuais e espazo en liña de traballo social e colaborativo).
  • Titorización: cada proxecto será guiado e acompañado por un/unha coordinador/a e un xcout (mentor/a).
  • Beneficios:
    • Certificado de participación para os proxectos que completen as actividades do programa.
    • Explorer Trip: viaxe dunha semana de duración no verán de 2022 á European Innovation Academy de Oporto, Portugal.
    • Validación da idea coa que aplicahes ao programa.
    • Comunidade: acceso a unha comunidade global de mozos innovadores con máis de 1.000 participantes en cada edición e a incorporación de Explorer Spaces latinoamericanos e europeos.

Participa e apúntate co teu proxecto. Prazas limitadas.

Máis información e inscrición:

UDC A Coruña Space – UDC Ferrol Space

EMPREGO UDC- emprego.vepem@udc.es